miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cáritas apela á solidariedade da veciñanza con motivo do seu Festival de Nadal

Cáritas apela á solidariedade da veciñanza con motivo do seu Festival de Nadal
Cáritas apela á solidariedade da veciñanza con motivo do seu Festival de Nadal

O evento benéfico abrirá hoxe a programación municipal das festas

O tradicional Festival de Cáritas de Nadal será o primeiro dos eventos contidos na programación municipal destas festas e para explicalo en detalle acudiron onte ao Centro Lustres Rivas a concelleira de Cultura, Herminia Pouso, e dous representantes desta organización benéfica: a súa presidenta Teresa Pérez e o seu secretario Manuel Mirás.

O festival terá lugar hoxe no Auditorio Municipal. Comezará ás 20 horas e a entrada é gratuíta, se ben se venderán rifas para produtos doados por comerciantes do municipio. O cartel estará conformado por Os Litrisistas, as pandereteiras do centro da terceira idade Santa Uxía, o Coro Parroquial, o grupo Aloumiño, o grupo Riparia do Club de Xubilados de Santa Uxía e, como actuación estelar, o seminarista Ange- Patrick Duhy, posuidor dunha voz prodixiosa.

Teresa Pérez salientou que o obxecto deste festival non é tanto recadar cartos como concienciar á poboación sobre a necesidade de ser solidarios coas persoas que non teñen nada. A día de hoxe, segundo explicou Manuel Mirás, Cáritas atende arredor de 200 familias (o que supón un significativo descenso sobre os peores anos da crise onde se chegou a prestar cobertura a 320 familias) equivalentes a unhas 700 persoas das cales arredor de 300 son minores de idade. Tamén explicou que no vindeiro ano porán máis énfase na formación como medida para loitar contra a cronificación da pobreza e para isto celebrarán cursos de cociña e de administración de recursos no fogar. Tamén recalcou a “intensa colaboración” cos Servizos Sociais do Concello, con reunións mensuais de coordinación na que tamén acuden outras organizacións como Eloraj, Cruz Vermella ou a UAD.

Os representantes de Cáritas agradeceron a colaboración do Concello, de Musieventos e doutros veciños, entidades, comerciantes, profesionais e empresas que de forma desinteresada colaboran no evento.

Comentarios
Lo más