A Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea celebra o Nadal no CHUS
Ponse en marcha o proxecto Luces de cores, uns obradoiros de deseño de postais de Nadal
A Asociación Gallega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame) pon en marcha o proxecto Luces de cores, uns obradoiros de deseño de postais de Nadal que se van a levar a cabo no hospital CHUS de Santiago de Compostela.
Persoas voluntarias das asociacións Asotrame e Asanog (Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia) estarán durante a tarde do venres, en horario de 15:00 a 17:00 horas, compartindo unha xornada na que deseñarán e pintarán postais con motivos de Nadal nas que participarán tanto pacientes como persoas coidadoras e visitas.
Esta actividade desenvólvena conxuntamente Asotrame e Asanog por segundo ano consecutivo e resulta ser unha actividade moi participativa por parte das nenas e nenos hospitalizados.
Estes obradoiros rematan cunha exposición de todos os traballos realizados que se mostrarán nos andares de oncohematoloxía dos tres hospitais nos que se levan a cabo estes talleres, onde se dará un pouco de luz e cor aos centros sanitarios.