Sabela abraia ao público cantando en galego e pasa á final de Operación Triunfo
A cantante pontesa lanzouse con un fado de Rosa Cedrón e Cristina Pato en prime time nacional
A concursante de As Pontes deixou ao público abraiado onte á noite cantando en galego na primeira cadena de Televisión Española. Gracias a esta actuación e a súa evolución dentro da academia, na duodécima gala na que se xogaba a súa continuidade no concurso televisivo, tornouse unha dos cinco finalista da edición de OT 2018.
Sabela Ramil cantou Negro caravel, un fado de Rosa Cedrón e Cristina Pato con versos de Rosalía de Castro. Estivo acompañada de música en directo, entre eles o profesor da academia Manu Guix ao piano. Tras a actuacion o xurado destacou sobre todo a grande evolución que tivo dentro da academia e a súa versatilidade. A nai de Sabela apareceu emocionada no plató despois da actuación para mostrar o apoio á súa filla.
Tras ser elexida a súa compañeira Alba Reche como unha das finalistas directamente polo xurado, chegou o momento das votacións da audiencia nas que Sabela saliu finalista tamén con vantaxe xa que levou un 43% dos votos. A semana que ven Sabela disputará a final de OT 2018 xunto con Famous, Natalia, Alba Reche e Julia. E nese intre, apoiando a Sabela, debemos demostrar a comunidade que somos e o sentimento que temos que xa demostrou Sabela cantando en galego por Rosalía de Castro en prime time nacional.
Sabela gañadora! Galicia calidade! Orgullo galego! Compostela 24 horas con Sabela!