miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bruzos esixe que a denuncia ante a Fiscalía non se utilice como coartada para non votar

Bruzos esixe que a denuncia ante a Fiscalía non se utilice como coartada para non votar
Foto de arquivo
Bruzos esixe que a denuncia ante a Fiscalía non se utilice como coartada para non votar

Para Bruzos o motivo é que na actual dirección "teñen medo real de perder unha votación" e por iso facilitan "información contaminada e que é falsa para xustificar que non se vote"

Gonzalo Rodríguez, responsable financieiro e de custodia do censo de En Marea, avanzou onte que a dirección de En Marea porá en "coñecemento" da Fiscalía os accesos irregulares ao censo da formación por parte do Comité Electoral e que motivaron a paralización das eleccións.

Ante esto, David Bruzos, candidato a liderar En Marea como cabeza da lista de Entre todas esixiu onte que "non sirva de coartada" para non votar, a decisión de presentar unha denuncia na Fiscalía por irregularidades no proceso.

Para Bruzos o motivo é que na actual dirección "teñen medo real de perder unha votación" e por iso facilitan "información contaminada e que é falsa para xustificar que non se vote". Lamentou que decidiran "poñer en mans da xustiza unha situación de tres compañeiras" de partido que únicamente cumpriron "escrupulosamente" coa súa función dentro do Comité Electoral. Baixo a súa opinión, denunciar a compañeiros ante o Ministerio Fiscal é "indignante" ainda que admite que están no seu dereito para que sea "a Fiscalía a que determine" que non houbo irregularidade.

Bruzos incidiu que "esa medida que acaba de anunciar non pode servir de coartada para que non se vote".

Comentarios
Lo más