miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Populares esixen ao Goberno municipal que traballe para arranxar “os constantes conflitos que provoca nas áreas da súa competencia"

Os Populares esixen ao Goberno municipal que traballe para arranxar “os constantes conflitos que provoca nas áreas da súa competencia"
Os Populares esixen ao Goberno municipal que traballe para arranxar “os constantes conflitos que provoca nas áreas da súa competencia"

Corral lembrou que na cidade existen, desde hai anos, veciños anónimos que saen ás rúas a atender ás persoas sen fogar, todo un exemplo de solidariedade

María Corral, concelleira do grupo municipal Popular, pediulle en rolda de prensa á concelleira de Política Social, Concha Fernández, que traballe para arranxar “os constantes conflitos que provoca nas áreas da súa competencia”. Corral manifestou que esta situación ten que ser tratada “coa máxima delicadeza, pudor e cariño, pero nada disto está presente na maneira de facer política de Compostela Aberta”.

Nos últimos anos con distintos gobernos e en Santiago, pódense identificar ao redor de 20 persoas nesta situación que “non merecen ser tratadas como cifras”. Estas persoas nada teñen que ver con outras que están de paso, nin automaticamente con aquelas que provocan problemas de convivencia en certos lugares, aínda que nalgunha ocasión tivesen coincidido.

Corral lembrou que na cidade existen, desde hai moitos anos, veciños anónimos que saen ás rúas a atender ás persoas sen fogar, todo un exemplo de solidariedade da cidade.

Por último, María Corral pediulle a representante de CA que se faga unha diagnose individual de cada caso e, en función diso prestar toda a axuda necesaria para recuperar o rumbo da vida de cada unha desas persoas, desde o Concello coa axuda de todas as administracións e colectivos implicados nesta situación.

Comentarios
Lo más