miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas recorda que o servizo de publicidade das marquesiñas segue sen contrato

Bascuas recorda que o servizo de publicidade das marquesiñas segue sen contrato
Foto de arquivo
Bascuas recorda que o servizo de publicidade das marquesiñas segue sen contrato

Indica que este servizo leva máis de oito anos sen contrato

O candidato de Compromiso, Xoán Bascuas, recorda que o servizo de publicidade das marquesiñas das paradas de autobús levan máis de oito anos sen contrato. Mesmo afecta a outros espazos publicitarios da cidade, até sumar máis dun cento de lugares urbanos espallados pola cidade.

Segundo a formación galeguista, “este é un feito bastante grave, xa que a administración dos espazos era durante o tempo que o contrato estivera vixente”. Esta situación vén arrastrándose desde o 2009, cunha xestión continuada desde entón pola mesma multinacional coruñesa, aínda que o mantemento está subcontratado a unha empresa de limpeza da cidade de Santiago. Dende Compromiso piden unha solución a esta situación, que vai camiño de cumprir unha década, e tamén demandan que se regule o servizo por medio dun concurso público.

Comentarios
Lo más