miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Presentación do Informe GEM Galicia 2017 sobre emprendemento

Presentación do Informe GEM Galicia 2017 sobre emprendemento
Foto de arquivo
Presentación do Informe GEM Galicia 2017 sobre emprendemento

A presentación dos resultados do informe terá lugar ás 10:30 horas no Salón de Graos do centro

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolle hoxe a presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2017 sobre o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico, realizado por investigadores da USC froito dun convenio de colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE).

A presentación dos resultados do informe terá lugar ás 10:30 horas no Salón de Graos do centro a cargo da profesora Isabel Neira, directora técnica do equipo GEM Galicia. 

Este acto enmárcase nunhas xornadas sobre emprendemento que inaugurarán ás 10:00 horas o vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzurri; o director do IGAPE, Juan Cividanes; o presidente de FEGAXE, José Antonio Redondo, e a directora do equipo GEM Galicia, Loreto Fernández. Tras a presentación do informe, terá lugar unha mesa redonda sobre o impacto do emprendemento na economía circular.

Comentarios
Lo más