A conexión entre moda e arte, nunha orixinal exposición no Colexio de Fonseca
A mostra inaugúrase hoxe ás 20:00 horas no Colexio de Fonseca
Un total de 25 deseñadoras e deseñadores mostran na exposición Especulacións utópicas; interseccións entre moda e arte arredor do corpo a súa visión particular acerca dos puntos de conexión e mesmo contaminacións entre a moda e a arte.
Esta interesante proposta inaugurarase hoxe xoves ás 20:00 horas no Colexio de Fonseca nun acto no que participará a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo.
A exposición, comisariada por Lola Dopico é unha produción do Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda (ESDEMGA) da Universidade de Vigo coa colaboración da USC que se manterá aberta ata o 31 de xaneiro de 2019 en horario de luns a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.