miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A vindeira semana comezan as obras das urxencias do Hospital da Barbanza

A vindeira semana comezan as obras das urxencias do Hospital da Barbanza
A vindeira semana comezan as obras das urxencias do Hospital da Barbanza

Trátase dunha actuación que conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros e que suporá o aumento nun 40% do espazo

As obras de ampliación do servizo de urxencias do Hospital da Barbanza comezarán a vindeira semana e arrancarán co valado e sinalización necesarias. Así llo comunicou onte o xerente executivo, Salvador Mariño-Ageitos, e outros membros do equipo directivo, á comisión de centro e ao persoal de urxencias do centro. 

Trátase dunha actuación que conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros e que suporá o aumento nun 40% do espazo. É unha intervención importante xa que a área actual de urxencias, uns 650 metros cadrados no primeiro andar do hospital, ampliarase considerablemente cara a zona da explanada de acceso. As obras de reforma e ampliación desenvolveranse en diferentes fases co obxecto de reducir o mínimo posible o impacto no servizo e manter o seu uso durante a execución.

A superficie total de obra é duns 1.000 metros cadrados, e pasa pola ocupación dunha parte do espazo exterior de acceso (parte cuberta) que se destinará a uso asistencial do servizo de urxencias, e unha zona exterior (sen cubrir) destinada ao acceso de ambulancias. Unha vez se execute esta intervención, incrementará a dispoñibilidade para facilitar a actividade dos profesionais e mellorará o confort dos pacientes.

Comentarios
Lo más