miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Conclúe a investigación sobre o acusado de matar a súa muller no Carballiño coa que levaba casado 25 anos

Conclúe a investigación sobre o acusado de matar a súa muller no Carballiño coa que levaba casado 25 anos
Conclúe a investigación sobre o acusado de matar a súa muller no Carballiño coa que levaba casado 25 anos

A instrutora considera que das dilixencias practicadas derívase “a existencia de indicios racionais de criminalidade” contra o sospeitoso

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño concluíu a instrución do caso no que investigou a un home como presunto autor da morte da súa esposa, coa que levaba casado 25 anos, o 29 de xaneiro de 2017 na vivenda que compartían nesta localidade. 

A maxistrada dirixe a causa contra o sospeitoso como presunto autor dun delito de homicidio e acorda a apertura de xuízo oral. O caso, que pasa agora á Audiencia Provincial de Ourense, será axuizado polo Tribunal do Xurado.

A instrutora considera que das dilixencias practicadas derívase “a existencia de indicios racionais de criminalidade” contra o sospeitoso. A xuíza acorda que se manteña a situación de prisión provisional e sen fianza do acusado. 

Ademais, solicita que se lle requira unha fianza de 260.000 euros e, no caso de que non a deposite, ordena o embargo dos seus bens para que faga fronte as posibles indemnizacións. Contra o auto non cabe presentar recurso.

Comentarios
Lo más