miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Boqueixón organiza unha nova edición do Torneo Interparroquial de Fútbol Sala

Boqueixón organiza unha nova edición do Torneo Interparroquial de Fútbol Sala
Boqueixón organiza unha nova edición do Torneo Interparroquial de Fútbol Sala

Terá lugar no pavillón municipal do Forte os próximos 24 e 25 de decembro

O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición do seu tradicional Torneo Interparroquial de Fútbol Sala. A cita desenvolverase, como ven sendo habitual, no pavillón municipal do Forte os próximos 24 e 25 de decembro.

As inscricións deberanse formalizar no ximnasio municipal ou no Departamento de Deportes a través do teléfono 636 731 721 ou no e-mail deportes@boqueixon.com. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo mércores 19 de decembro.

Unha vez compiladas todas as solicitudes dos equipos inscritos, procederasebao sorteo dos grupos de competición. Este realizarase o xoves 20 de decembro ás 11:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Boqueixón.

Comentarios
Lo más