Nova "action painting" na Casa do Concello na que o atrista Fernando Yáñez recrea dúas obras de Joan Miró
Tivo lugar onte diante de de 30 alumnos e alumnas de primeiro de Bacharelato do colexio Galaxia
A exposición sobre Joan Miró que está a albergar a Casa Consistorial de Riveira deu cabida onte a unha nova action painting. Nesta ocasión foi Fernando Yáñez o artista que diante de 30 alumnos e alumnas de primeiro de Bacharelato do colexio Galaxia, recreou dúas obras do pintor catalán.
Ademais, a responsable do servizo municipal de normalización lingüística, Alicia Padín, exerceu de guía para aos asistentes á hora de explicar o contido dunha mostra que inclúe tanto carteis sobre diferentes eventos como o Mundial de España de 1982 como ilustracións da obra Femmes do Nobel de literatura francés Claude Simon.
A exposición permanecerá na Casa do Concello ata o 12 de xaneiro e pode ser visitada de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas. Haberá visitas guiadas cada mércores ás 12 do mediodía (inscricións: oac@riveira.com / 981 871 050).