miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Presentación do último libro de José Francisco Rodil no Ateneo

Presentación do último libro de José Francisco Rodil no Ateneo
Presentación do último libro de José Francisco Rodil no Ateneo

Terá lugar hoxe a partir das 19:30 horas na sede de Afundación

O Ateneo de Santiago, en colaboración con Velasco Ediciones, presentará hoxe a última novela de José Francisco Rodil Lombardía, La noche de las luminarias, un relato de ficción que recrea feitos reais acaecidos nos anos da Segunda República e a Guerra Civil, procurando evocalos co máximo rigor histórico. Alternando personaxes inventadas con outras auténticas, a obra percorre a cidade de Lugo e a montaña lucense, A Fonsagrada, a comarca asturiana de Los Oscos e Castropol.

O acto terá lugar a partir das 19:30 horas na sede de Afundación e contará cunha introdución do Catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto, quen contextualizará a obra neses axitados anos. O xornalista estará tamén acompañado por Pilar Sampedro, Vogal do Ateneo de Santiago, e Cristian Velasco, editor de Velasco Ediciones.

José Francisco Rodil Lombardía, natural de Santa Eulalia de Oscos, é Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e iniciouse no xornalismo na axencia de información Mencheta. Traballou como redactor no diario Informaciones, no departamento de prensa do Ministerio de Administración Territorial, en El Correo Gallego e na Televisión de Galicia, da que foi director xerente. Foi tamén xefe de control de cadea da Corporación Radio e Televisión de Galicia, director de La Voz de Asturias e delegado do Grupo Zeta en Asturias. Premio Galicia de Periodismo, dirixiu e guionizou un bo número de programas e series documentais de televisión. Como columnista de opinión, colabora en Mundiario e noutros xornais e revistas, e como escritor, ten varias obras publicadas, sendo La noche de las luminarias a máis recente.

Comentarios
Lo más