Hoxe o Deán procederá a bendecir o belén da nave de Praterías da Catedral
O belén pódese visitar en horario de apertura da Catedral
Hoxe o Deán da Catedral de Santiago, D. Segundo Pérez, procederá a bendicir o belén de grandes dimensións instalado na nave de Praterías da Catedral de Santiago. Asistirá tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Este belén está realizado en estilo napolitano. Conta con arredor de cincocentas figuras, realizadas de maneira artesanal, vestidas, e moitas deles con automatismos que permiten darlle movemento. Con preto de 50 m2, está instalado no brazo sur do transepto (nave de Praterías). Ademais do Nacemento de Xesús, a Anunciación aos pastores e o cortexo dos Reis Magos, represéntanse multitude de esceas de vida cotiá e oficios tradicionais. E propiedade da Catedral de Santiago, grazas á colaboración de Turismo de Galicia.