O comité de folga reúnese coa Xerencia
Dende a Comisión de Centro informan que se mánteñen as concentración dos luns, o peche o día 19 e a manifestación de xaneiro
Onte tivo lugar unha reunión entre o Comité de folga e a xerencia e, según o comité, volven a repetir a proposta da semana anterior, sen presentaren ningún cambio organizativo a maiores, contrariamente ao publicitado dende a xerencia. A semana anterior propón o aumento de 5 enfermeiras, 5 Auxiliares de enfermaría e 2 médicos que é para zona de nova ampliación, e que unha parte da urxencia permaneza pechada para non contratar máis persoal, abrindo esta puntualmente cando fose necesario.
Dende o Comité de folga da Comisión de Especializada, transmíteselle unha nova proposta: pídese plantilla estable para dotar ese espacio que a xerencia quere abrir puntualmente, e que os traballadores queren que este aberto todo o ano, xa que na práctica esta aberto.
Acórdase rebaixar a demanda inicial de dotación de persoal, solicitando 2 enfermeiras de mañán, 2 de tarde e 3 de noite, e de auxiliares de enfermaría 2 de mañán, 2 de tarde e 4 de noite, mantendonos na pretensión inicial respecto de 1 celador por cada quenda e 5 médicos.
Dende a Comisión de Centro informan que se mánteñen as concentración dos luns, o peche o día 19 e a manifestación de xaneiro.