Ferida de consideración unha persoa no Carballiño ao chocar o seu vehículo cun camión
O accidente sucedeu ao fío das 13:10 horas, no lugar de Seoane.
Unha persoa resultou ferida de consideración despois de que o turismo no que viaxaba chocase contra un camión no Carballiño.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa ferida e única ocupante do coche accidentado foi excarcerada polos Bombeiros do Carballiño, antes de ser trasladada no helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o Hospital Cristal.
Foi o persoal do 061-Urxencias Sanitarias quen alertaba nese momento ao 112 Galicia do accidente e, nada máis recibir o aviso, desde o CIAE-112 se requiriu a intervención da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil e dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Carballiño.