miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Obradoiro infantil de xogos de mesa en Ribeira

Obradoiro infantil de xogos de mesa en Ribeira
Obradoiro infantil de xogos de mesa en Ribeira

Terá lugar o domingo ás 12:00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas

Este domingo, 16 de decembro ás 12:00 horas, o Centro Cultural Lustres Rivas albergará unha actividade gratuíta de dinamización do uso da lingua galega consistente nun obradoiro de xogos de mesa.

A acción pertence ao programa Nadal en Rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística e está dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos.

Da man de Brazolinda, especialistas en xogos artesanais, os asistentes terán a oportunidade de participar nun obradoiro para coñecer e crear os xogos máis interesantes. Ademais, de todos cantos xogos se vexan se seleccionará un para que quede na nosa Biblioteca Municipal.

Comentarios
Lo más