miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Piden a comparecencia do conselleiro de Sanidade pola situación da dimisión dos 20 xefes de servizo de atención primaria de Vigo

O responsable socialista responsabilizou hoxe ao goberno galego da falla de médicos e dos problemas na xestión sanitaria

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe a comparecencia do conselleiro de Sanidade no Pleno do Parlamento para dar conta do deterioro asistencial na sanidade pública. 

Os socialistas presentaron hoxe unha solicitude de comparecencia conxunta cos grupos de En Marea e BNG para dar conta da conflitividade laboral na sanidade que ten derivado na dimisión, onte, de 20 xefes de servizo de Atención Primaria de Vigo.

O responsable socialista responsabilizou hoxe ao goberno galego da falla de médicos e dos problemas na xestión sanitaria, persoalizados na renuncia en bloque dos profesionais da área sanitaria de Vigo.

“Vostedes son culpables das súas propias escusas sobre atención primaria e sobre o sistema sanitario”, resumiu logo de explicar que “largaron aos médicos porque os apertaron coma nunca, e agora resulta que non hai médicos”. Sinalou que “así teñen folga nos PACs, no servizo de Urxencias do Hospital de Santiago” ou a dimisión dos responsables sanitarios en Vigo.

Comentarios
Lo más