A partir de mañá os camións xa non poderán circular polo Milladoiro
Esta restrición afectará aos camións de máis de trinta toneladas e está por determinar se se reduce a barreira
Dende mañá os camións de máis de trinta toneladas deixarán de circular pola avenida Rosalía de Castro do Milladoiro. É o prazo estipulado pola Demarcación de Carreteras. Como avanzou o Ministerio de Fomento, quedan exhentos de esta restricción os vehículos de alto tonelaxe que se vaian hacia o polígono empresarial Novo Milladorio, e os que abastecen ás empresas e concesionarios de vehículos na zona de Reborido.
Esta restricción afectará a uns 250 camións pero aínda está por determinar se se reduce a barreira das trinta toneladas, según a plataforma veciñal que reclama unha solución ao colapso viario en Milladoiro. Demarcación de Carreteras anunciou que estudiará esta petición, que a día de hoxe está sin resolver. O pasado mes o organismo indicou que a restrición do transporte de mercancías polo centro do Milladoiro tiña que se compatible coa "necesidade de manter as actividades comerciais e industriais dos concellos de Ames e Teo".