miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Incendio nunha casa abandonada en Punxín

Incendio nunha casa abandonada en Punxín
Incendio nunha casa abandonada en Punxín

Ninguén resultou afectado ao ser desaloxada a casa e controlaren o lume os servizos de emerxencias

Un incendio declarado nunha casa abandonada en Punxín puxo en perigo a outra lindeira que si estaba habitada.

Por fortuna, ninguén resultou afectado ao ser desaloxada a casa e controlaren o lume os servizos de emerxencias.

Todo comezou arredor das 22:00 horas da noite pasada, cando os veciños comezaron a percibir fume e chamas procedentes dunha casa abandonada lindeira a outra que estaba en perigo. Así, chamaron decontado ao 112 Galicia para pedir medios para a extinción do lume que rapidamente tomou forza.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros do Carballiño e dos membros do GES de Ribadavia, que atallaron o incendio e, pese a que a casa habitada colleu bastante temperatura, finalmente, non resultou afectada. Iso si, a vivenda abandona resultou completamente calcinada. 

Comentarios
Lo más