miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O resultado das auditorías do censo de En Marea verifican catro entradas de persoas non autorizadas que tiveron acceso a datos confidenciais

O resultado das auditorías do censo de En Marea verifican catro entradas de persoas non autorizadas que tiveron acceso a datos confidenciais
O resultado das auditorías do censo de En Marea verifican catro entradas de persoas non autorizadas que tiveron acceso a datos confidenciais

Dúas destas persoas pertencen ao Comité Electoral, e as outras dúas son alleas a este

Unha suposta intromisión no censo detectada pola comisión obrigou a suspender as votacións do proceso de eleccións internas, ao non existir plenas garantías para su realización. Gonzalo Rodríguez, representante legal de En Marea ante a Axencia Española de Protección de Datos, compareceu onte ante os medios para anunciar os resultados das auditorías feitas despois do aprazamento do proceso de eleccións internas por parte da Comisión de Garantías . 

A auditoría, documentada e verificada, confirma "a entrada de persoas non autorizadas" no censo de En Marea. "Exactamente estos accesos producíronse desde catro direccións IP, que unha vez verificadas, confirman que dúas destas persoas pertencen ao Comité Electoral, mentres que as outras dúas son alleas ao mesmo", explicou Rodríguez, quen engadiu que "accederon a datos confidenciais, e verificaron algunhas fichas e algún DNI".

Gonzalo Rodríguez tamén explicou que "non se puido verificar se estas persoas modificaron o censo", pero que incurriron no incumprimento das normas, xa que se accedeu ao censo "en contra do mandato do plenario, da Comisión de Garantías e da autorización do responsable ante a Axencia de Protección de Datos", subliñou.

Ante estes resultados das auditorías, Gonzalo Rodríguez aclarou que a Coordinadora de EM solicitaralle á Comisión de Ética e Garantías "a revocación das dúas persoas do Comité Electoral que accederon ao censo sen estar autorizadas", e que os órganos internos competentes estudiarán a "expulsión" do espazo das persoas que "non cumpriron as normas".

Sobre a celebración das eleccións internas ao Consello das Mareas e á Comisión de Garantías, Rodríguez insistiu en que "faránse canto antes, en canto teñamos plenas garantías", e anunciou tamén que tras estes resultados das auditorías, tomaranse unha serie de medidas cautelares, e de seguridade como a incorporación ás votacións dun sistema a través dun código de SMS para evitar duplicidades.

Comentarios
Lo más