miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Protesta informativa en Compostela en defensa do mel do Sindicato Labrego e a Asociación Galega de Apicultura

Terá lugar ás 11:00 horas no Centro Comercial As Cancelas e denunciarase a fraude amparada pola normativa para etiquetaxe do mel 

O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Asociación Galega de Apicultura (AGA), realizarán hoxe unha concentración para protestar e informar sobre a fraude que ampara unha normativa moi laxa coa etiquetaxe do mel. 

Esta acción reivindicativa, que será simultánea a outras semellantes coordinada por COAG noutras 17 cidades do Estado, desenvolverase de 11:00 a 13:00 horas nos exteriores do Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela. A concentración estará acompañada do reparto de folletos informativos e ás 12:00 procederase á lectura pública dun manifesto.

Comentarios
Lo más