miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Baobab Teatro achega o seu espectáculo infantil "Puño Puñete" ao Milladoiro

Baobab Teatro achega o seu espectáculo infantil "Puño Puñete" ao Milladoiro
Baobab Teatro achega o seu espectáculo infantil "Puño Puñete" ao Milladoiro

O espectáculo terá lugar o venres 14 ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Milladoiro 

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres 14 a representación de público familiar Puño Puñete de Baobab Teatro. O espectáculo consta de música en directo, contos, cancións e xogos populares, a través dos cales os cativos e as cativas se mergullarán nun mundo de fantasía e sensacións. 

Puño Puñete é unha peza teatral, musical e visual, pensada para que as crianzas de 0 a 6 anos desperten as súas primeiras sensacións a partir da música e da tradición oral. Así, ao longo de 45 minutos, Andrea Bayer e David González interpretarán cantigas e contos acompañados de música en directo, baixo a dirección de Óscar Ferreira.

O espectáculo, que se apoia nun CD musical, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18:00 horas. Os convites para asistir a este espectáculo xa están dispoñibles na Billeteira electrónica, e reservarase un 10% para ofrecer de forma presencial unha hora antes do comezo do espectáculo.

Comentarios
Lo más