miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compromiso por Galicia reclama a contratación de auxiliares para paliar o déficit de persoal da Policía Local

Compromiso por Galicia reclama a contratación de auxiliares para paliar o déficit de persoal da Policía Local
Compromiso por Galicia reclama a contratación de auxiliares para paliar o déficit de persoal da Policía Local

Propoñen a contratación para estas datas de gran afluencia de persoas que visitan a nosa cidade

O candidato de Compromiso, Xoán Bascuas, propón a contratación de auxiliares para as datas de gran afluencia de persoas que visitan a nosa cidade, como é o Nadal. A Agrupación galeguista ve con preocupación as denuncias realizadas dende a policía local ante a falta de persoal para cubrir turnos "cun coche ou dous por quenda". Dende Compromiso sinalan o deterioro e precariedade que leva sufrindo o cadro de persoal da policía municipal, tanto en axentes como en medios para desenvolver o seu traballo, dende fai anos. Esta situación acentúase en épocas do ano de gran afluencia de visitantes ou con distintos eventos que se celebran na cidade.

Dende Compromiso propoñen a adhesión ao acordo entre Xunta e Fegamp, que permite ter acceso a lista de reserva de auxiliares, na que se pode incorporar persoal auxiliar por causas sobrevidas. O uso de auxiliares de policía local é unha medida que xa se emprega en 24 concellos de Galicia como medida para paliar o déficit de persoal en épocas de verán ou por causas sobrevidas.

Comentarios
Lo más