miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Súmanse 27 asociacións ao Consello Asesor de Pacientes da Área de Compostela e da Barbanza

Súmanse 27 asociacións ao Consello Asesor de Pacientes da Área de Compostela e da Barbanza
Súmanse 27 asociacións ao Consello Asesor de Pacientes da Área de Compostela e da Barbanza

O consello ten a finalidade de aumentar a participación cidadá e implicalos na mellora continua da asistencia sanitaria

Logo da primeira reunión informativa, realizada o 26 de novembro na que se informou dos requisitos e obxectivos, ao Consello Asesor de Pacientes da Área de Compostela e da Barbanza adheríronse onte 27 asociacións de doentes nunha reunión celebrada no salón de actos do Hospital Clínico Universitario. A reunión estivo presidida pola Xerente da XXIS, Eloína Núñez Masid, e na que a subdirectora de calidade e atención ao doente da XXIS, Beatriz Pais Iglesias, presentou o documento de Composición e Réxime de Funcionamento do Consello Asesor da Área.

O Consello Asesor de Pacientes trátase dun órgano de asesoramento do Servizo Galego de Saúde que nace coa finalidade de mellorar a seguridade dos e das pacientes, dos seus familiares e das persoas coidadoras, fomentando os niveis de participación e facilitándolles aos e ás pacientes a información necesaria para a toma de decisións. Entre os obxectivos incluídos na estratexia do Sergas 2020, en cuxa elaboración participaron as/os doentes a través das asociacións que os representan, incídese na concesión aos e ás pacientes de maiores cotas de poder, dándolles formación e información, para así axudalos a mellorar o seu estado de saúde. Tamén se fai fincapé en incrementar, nas persoas usuarias do servizo galego de saúde, o sentimento de propiedade e de corresponsabilidade na xestión do Sistema público de saúde de Galicia.

As funcións do consello son asesorar sobre os aspectos, actividades, procedementos ou servizos que teñan impacto sobre as condicións da asistencia sanitaria,prevención da enfermidade e mellora da saúde e autonomía persoal que, con carácter xeral, afecten aos e ás pacientes, así como ás familias e ás persoas físicas ou xurídicas; colaborar nos termos e condicións que se acorden sobre os contidos das guías de información dirixidas aos /ous ás pacientes que, dalgún modo, lles afecten; mellorar a seguridade, colaborar no deseño dos espazos dos centros sanitarios para a mellora da súa accesibilidade e funcionalidade e realizar propostas que poidan contribuír á mellora da atención e coidado dos e das pacientes.

Comentarios
Lo más