Atropelan a dous nenos en Porto do Son
19:38 10/12/18
19:38 10/12/18
O suceso ocurreo sobre ás 18:30 horas en Porto do Son
No 112 Galicia tívose constancia dun atropelo a un neno e unha nena que, no momento dos feitos, baixaban dun autobús en Porto do Son.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, foi unha furgoneta a que golpeou aos rapaces, que precisaron asistencia médica. De feito, tiveron que ser trasladados, con feridas leves, ao Hospital do Barbanza.
Ocorreu uns minutos despois das 18:30 horas e foi unha persoa particular quen deu conta do suceso.
De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil desta localidade coruñesa.