O BNG preguntará pola creación do "cheque cultural" que incluía o programa de Compostela Aberta
06:30 11/12/18
06:30 11/12/18
Trátase dunha medida do programa para permitir desgravar o consumo de cultura nos impostos municipais
Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG, preguntará ao Goberno local sobre a proposta do cheque cultural que levaba Compostela Aberta no programa electoral. En concreto, o programa de Compostela Aberta incluía a creación dun cheque cultural que permitía desgravar nos tributos locais xustificando o consumo de cultura na cidade.
Deste xeito, o BNG preguntará polas xestións que se realizaron para a creación dese cheque cultural desde que Compostela Aberta chegou á Alcaldía.
Outra das preguntas é se ten previsto implementar esta medida nas ordenanzas fiscais.