miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Demandan explicacións pola dimisión de 20 xefes de servizo de Atención Primaria

Demandan explicacións pola dimisión de 20 xefes de servizo de Atención Primaria
Demandan explicacións pola dimisión de 20 xefes de servizo de Atención Primaria

Piden que o Presidente da Xunta compareza e “dea a cara” ante unha política que cada vez deteriora máis servizos e atención sanitaria

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou que a dimisión de 20 xefes de servizo de Atención Primaria responde ao “tsunami privatizador” do Partido popular e Feijóo á cabeza aplicando unha política constante de recortes en medios e persoal sanitario.

A nacionalista lembrou que tanto nos centros sanitarios como nas rúas as denuncias contra a política sanitaria do Partido popular son continuas e puxo como exemplo as últimas mobilizacións de Moraña. Cuntis, Covelo ou Moaña para reclamar máis persoal e medios nos PACs.

Por outra parte, Pontón tamén se referiu á situación de POVISA da que dixo está baixo a ameaza dun ultimatum dos responsables do centro, “si en dez días non se resolve, iniciará o concurso de acredores”. Na súa opinión, este centro privado segue coa súa estratexia de “chantaxe” ao colocar aos e ás profesionais como “escudos” e o dereito da atención ás persoas fronte aos beneficios da empresa.

"FEIJÓO DEBE DAR A CARA NO PARLAMENTO ANTE O DESASTRE SANITARIO"

Pontón que cualificou de “desastre sanitario” o que está acontecendo na sanidade pública galega, considerou que Feijóo “debe dar a cara” e comparecer no Parlamento galego porque son as súas políticas e as do Partido popular, explicou a nacionalista, as que conducen á sanidade a unha grave situación de deterioro, con listas de espera inaceptables, expulsión de moitos e moitas profesionais do noso sistema público sanitario e cunha política que “pon en risco a vida e a saúde das persoas”.

Para a portavoz do BNG, a situación sanitaria non se soluciona cambiando a cara dun “conselleiro”, é necesario recoñecer “o erro xigantesco” cometido polo Partido popular e Alberto Núñez Feijóo privatizando e sobre todo recortando na Atención primaria”. Agardamos, recalcou, que nesta ocasión “Feijóo non se agoche” e dea a cara no Parlamento porque está en xogo a saúde de moitos galegos e galegas.

Comentarios
Lo más