Excarcerada unha muller despois de bater cunha varanda na estrada de Ortigueira
Así mesmo, informouse dos feitos aos membros do GES da localidade e aos axentes de Tráfico e da Policía Local.Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración da condutora que foi evacuada polos servizos sanitarios de urxencia.
Unha muller foi excarcerada tras quedar atrapada no interior do vehículo que conducía despois de bater contra a varanda da estrada que enlaza Ortigueira con Espasante, á altura de Cuíña.
Nada mais recibir a chamada dun particular, ás 10:00 horas desta mañá, que advertía de posibles persoas atrapadas, o 112 Galicia puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Eume, que decontado se desprazaron ata o lugar. Así mesmo, informouse dos feitos aos membros do GES da localidade e aos axentes de Tráfico e da Policía Local.
Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración da condutora que foi evacuada polos servizos sanitarios de urxencia.