Ferido de gravidade un operario tras caer dunha escada no polígono de Cerceda
13:40 10/12/18
13:40 10/12/18
O incidente produciuse sobre as 12:00 horas desta mediodía
Un operario resultou ferido de consideración despois de caer dunha escada no local onde facía o seu traballo, situado no Polígono Industrial de Cerceda (A Coruña).
Foi un particular quen, ao fío das 12:00 horas deste mediodía, alertou ao 112 Galicia dun accidente laboral no enderezo citado. A partir de aí, os xestores de emerxencias avisaron decontado ao 061-Urxencias Sanitarias.
Os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 que o helicóptero medicalizado con base en Santiago se desprazaba ata o punto, tomando terra no mesmo lugar onde ocorreron os feitos.
Os axentes da Garda Civil e da Policía Local tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.