miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres anos e medio de cárcere por traficar na Mariña lucense

Tres anos e medio de cárcere por traficar na Mariña lucense
Foto de arquivo
Tres anos e medio de cárcere por traficar na Mariña lucense

A fiscalía consideraos culpables dun delito contra a saúde pública e pídelles pena de cárcere e que cada un pague unha multa de case 15.000 euros

Mañá na Audiencia Provincial de Lugo sentaranse dous homes acusados de un suposto delito contra a saúde pública pro traficar con sustancias estupefacientes na zona de A Mariña. O fiscal pide tres anos e seis meses de cárcere para cada un.

O 2 de setembro de 2016 foron interceptados pola Policía Xudicial mentres viaxaban nun coche no que foron intervidas dez bolsiñas termoselladas de cocaína. No rexistro practicado posteriormente no docimicio que ambos compartían en Ribadeo, os axentes atoparon máis de 80 ovos de resina de cannabis. Tamén foron intervidas unha báscula de precisión e bolsiñas para envasar a dose de cocaína.

O fiscal asegurou que os acusados tiñan a cocaína e o canabis preparado para a venta a terceiros. A fiscalía consideraos culpables dun delito contra a saúde pública e pídelles pena de cárcere e que cada un pague unha multa de case 15.000 euros.

Comentarios
Lo más