Pachi Vázquez presaxia "unha carnicería" para o PSOE nas municipais
"O de Andalucía non foi un feito aillado" comentou nunha entrevista para a Radio Galega
O que fora secretario xeral do PSdeG entre os anos 2009 e 2013, Pachi Vázquez, analizou hoxe as razóns polas que deixa de seguir miliatando no partido. Básicamente a súa renuncia atribuiuna aos "odios internos" que sgún él están a "destrozar a organización". Tamén mostrou a súa discrepancia coa xestión de Pedro Sánchez en España como coa xestión de Gonzalo Caballero en Galicia. Según Vázquez nunha entrevista concedida á Radio Galega, "as eleccións municipais e autonómicas van ser unha auténitca carnicería para o PSOE. Ogallá em equivoque ao cen por cen".
O PSOE perdeu a centralidade política porque según Pachi Vázquez "estamos gobernando da man daqueles que non queren que existamos", aludindo a Podemos e a Esquerra. "O de Andalucía non é un feito aillado", añadiu. En alusión ao acordo de Rubalcaba entre o PSOE e o PSC, no que se ofrecía unha visión territorial do modelo de estado federalizante e alonxado de posicións secesionistas, afirmou: "Eu asinei como secretario xeral a declaración de Granada e iso voou polos aires".
O exlíder explicou os motivos da súa renuncia como militante do PSOE: as "purgas e vetos" que di haber sufrido él maila súa xente, e que a única chamada recibida de Gonzalo Caballero nese tempo fora "unha hora despois de anunciar que marchaba". "O odio interno está destrozando este partido" dirixiu á dirección do partido.
Sobre o seu futuro político, Vázquez dixo contundentemente: "Eu nunca vou estar en Ciudadanos, nunca". "Teño por diante miles de problemas persoais e tamén xudiciais" asegurou antes de deixar claro que non vai quedar calado nin vai deixar de opinar ante a deriva que di apreciar no partido do que formou parte nos últimos 25 anos.