miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D da OMIX

Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D da OMIX
Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D da OMIX

Para participar nalgún destes obradoiros é necesario inscribirse antes do 18 de decembro

A oficina municipal de información xuvenil (OMIX) organiza un novo obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D destinado a xoves de maiores de 12 anos. Realizaranse dúas edicións do taller, o primeiro os días 26, 27 e 28 de decembro na Aula de Informática da Casa da Cultura do Milladoiro e un segundo o 2, 3 e 4 de xaneiro na Aula CeMIT da Casa da Cultura de Bertamiráns. 

O mes de decembro chega a Ames con varias novidades formativas e talleres para todas as idades. Para os mozos e mozas, a OMIX organiza dous novos obradoiros de programación, electrónica e deseño 3D, durante os que os participantes aprenderán a programar videoxogos, utilizar tarxetas de microcontroladores e placas de prototipado para ser expertos en electrónica e deseño de pezas imprimibles en 3D mediante o programa TinkerCad.

Con esta iniciativa, a Oficina municipal de información xuvenil busca despertar e fomentar a creatividade da mocidade dunha maneira lúdica,mediante xogos e experimentos, ao tempo que se lle aportan as bases de futuro para que redescubran a ciencia aplicada.

Con este obxectivo, búscase que os mozos e mozas se acheguen ás novas técnicas de robótica educativa, programación e deseño, de fácil aprendizaxe e aplicación, ao tempo que se potencia nos e nas participantes a súa creatividade, autoconfianza, pensamento crítico e razoamento científico fomentando o traballo en equipo.

Comentarios
Lo más