miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Facultade de Educación abordará os dereitos humanos en Nicaragua

A Facultade de Educación abordará os dereitos humanos en Nicaragua
A Facultade de Educación abordará os dereitos humanos en Nicaragua

A proposta está organizada polo alumnado do 3º curso do Grao en Educación Social

O vindeiro 12 de decembro ás 12 horas unha actividade aborda a loita polos dereitos humanos en Nicaragua na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da USC.

A proposta está organizada polo alumnado do 3º curso do Grao en Educación Social para achegarse á complexa situación do pobo nicaraguano dende un proxecto de Aprendizaxe-Servizo xunta Solidariedade Internacional de Galicia.

Nicaragua vive unha preocupante crise sociopolítica e de Dereitos Humanos, agudizada a partir dos acontecementos desencadeados o pasado 18 de abril de 2018, cando se organizaron protestas masivas en todo o país que foron enfrontadas polo goberno mediante o despregamento das forzas de seguridade, o que derivou nunha represión xeneralizada e violenta contra a poboación, particularmente contra estudantes, mocidade e xornalistas. A represión a estas protestas deixou centos de víctimas, resultando nunha crise humanitaria fóra de control.

O vindeiro 12 de decembro ás 12:00 horas está prevista unha actividade no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación para coñecer máis sobre a situación, invisibilizada nos medios de comunicación da nosa contorna. A actividade contará coa participación dunha activista e feminista nicaraguana, defensora dos dereitos humanos cunha grande traxectoria na defensa dos dereitos humanos, co fin de visibilizar a situación que se vive en Nicaragua e instar e facer partícipes ao estudantado e ao profesorado da nosa universidade da loita pola defensa dos dereitos humanos da cidadanía de Nicaragua. A súa labor remóntase a tres décadas de traballo no campo da xustiza social, a defensa do pobo nicaraguano, e a reivindicación do papel da muller.

A actividade está dirixida a toda a comunidade universitaria e á poboación da cidade de Santiago de Compostela, o acceso á sala será libre sen inscrición previa e ata completar aforo.

Comentarios
Lo más