miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Biblioteca de Ánxel Casal acollerá un obradoiro de "Narrativa con perspectiva de xénero"

A Biblioteca de Ánxel Casal acollerá un obradoiro de "Narrativa con perspectiva de xénero"
A Biblioteca de Ánxel Casal acollerá un obradoiro de "Narrativa con perspectiva de xénero"

Precísase inscrición previa dende a páxina web da biblioteca

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle, no marco da súa programación de decembro, As liñas lilas: obradoiro de narrativa con perspectiva de xénero que estará a cargo da escritora Andrea Barreira Freije. A actividade está dirixida a persoas maiores de 16 anos e desenvolverase os martes 11 e 18 de decembro de 18.30 a 20.30h nas salas de traballo do 3º andar. Máximo 12 participantes. É imprescindible ter o carné da biblioteca para poder participar. 

Para contar unha historia hai que observar, escoitar, sentir... Para engadir a perspectiva de xénero hai que mudar a ollada, abrir os ouvidos, espertar os sentidos e non morder a lingua, nin os dedos... e para iso hai que repensar o idioma, o mundo e tomar consciencia do noso lugar nel. En As liñas lilas se revisarán lecturas e reflexionaremos se teñen ou non perspectiva de xénero e por que.

Veranse comportamentos e pensamentos de personaxes e de quen narra e como inflúen en tempos e espazos. Detectaranse quen está e quen falta nas historias. O debatido aplicaráse, a través de actividades individuais e en grupo, nos distintos textos que crearán os participantes ao longo das dúas xornadas. Os relatos serán lidos en voz alta e poderán ser compartidos no espazo da biblioteca.

Andrea Barreira Freije é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Comunicación Científica, Tecnolóxica e Medio-ambiental pola Universidade Carlos III de Madrid e máster en Estudos Internacionais pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ten publicadas varias obras: a novela Palabra de Bruxa (Editorial Galaxia, 2018) ou a novela xuvenil de xénero fantástico, Non hai luz sen escuridade, (Urco Editora, 2015). Tamén participou nas antoloxías colectivas Contos do Sacaúntos. Romasanta o criminal (Urco Editora), Lendas de Gallaecia, Segunda Era e Encontros na Terceira Fase de Contos Estraños, Tebras na Alma (auto-edición), e Contos de Verán (Redelibros), para un público adulto. Ten unha ampla experiencia na realización de obradoiros de escritura.

Comentarios
Lo más