miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido o ocupante dun vehículo tras chocar contra a mediana na A-6, no concello de Aranga

Ferido o ocupante dun vehículo tras chocar contra a mediana na A-6, no concello de Aranga
Ferido o ocupante dun vehículo tras chocar contra a mediana na A-6, no concello de Aranga

Este operativo activouse tras recibir no 112 Galicia varias chamadas de condutores alarmados pola colisión dun turismo contra a mediana da A-6

O único ocupante dun turismo resultou ferido de consideración esta tarde despois de saírse da vía e bater contra a mediana o vehículo que conducía.

Sucedeu na A-6, ao paso polo concello coruñés de Aranga, cando pasaban das 16:30 horas de hoxe.

Como consecuencia do impacto, o condutor do turismo resultou ferido e mesmo perdeu a consciencia, polo que desde o 112 Galicia pediuse a colaboración urxente dos profesionais sanitarios, que acudiron ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Non obstante, tras os primeiros coidados, o ferido puido ser evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Mentres duraron as tarefas de asistencia, o helicóptero permaneceu tomado no mesmo lugar do accidente, o que motivou a interrupción do tráfico ata que as condicións permitiron abrir un carril en sentido Coruña.

Ademais dos equipos do 061-Urxencias Sanitarias, ao punto acudiron os membros do GES de Curtis e os axentes da Garda Civil de Tráfico, alertados polo persoal do 112 Galicia. Tamén foron informados os Bombeiros de Betanzos, pero pouco despois confirmouse que o ocupante do coche estaba liberado e accesible.

Este operativo activouse tras recibir no 112 Galicia varias chamadas de condutores alarmados pola colisión dun turismo contra a mediana da A-6 e a necesidade de asistencia para o ocupantes, ao que localizaron inconsciente.

Comentarios
Lo más