miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Fundación Amplifon e COGAMI colaborarán para doar audífonos a persoas en situación vulnerable

Fundación Amplifon e COGAMI colaborarán para doar audífonos a persoas en situación vulnerable
Fundación Amplifon e COGAMI colaborarán para doar audífonos a persoas en situación vulnerable

COGAMI encargarase de detectar, valorar e derivar a aquelas persoas que sexan susceptibles de seren atendidas pola Fundación Amplifon

Persoas que teñen déficit auditivo e con escasos recursos económicos poderán ter igualmente acceso a axudas técnicas ou produtos específicos que melloren a súa calidade de vida. Así o recolle un convenio asinado polo vicepresidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) Ramón Sestayo, e mailo presidente da Fundación Amplifon, Obdulio Herrera Raya, e que vai permitir a mellora de calidade de vida de persoas con menos recursos ou en situación de vulnerabilidade.

O obxectivo do convenio é que entre COGAMI, Amplifon e a Fundación Amplifon exista unha colaboración regular para promover accións de solidariedade e benestar social en xeral, con atención especial ás persoas con problemas auditivos.

Neste senso, dende a Confederación comprométense a detectar, valorar e derivar a aquelas persoas que sexan susceptibles de seren atendidas pola Fundación Amplifon, organismo que ofrecerá servizos como a gratuidade dun estudo auditivo e dunha proba durante 30 días sen compromiso de compra, subvención de ata o 75% de audífonos, pilas gratis, descontos en axudas técnicas e reparacións dun 20%, revisión cuadrimestrais e anuais gratuítas e financiación personalizada segundo condicións económicas da persoa usuaria.

Outros dos compromisos adoptados por Fundación Amplifon será a doazón de audífonos que en cada caso teña por conveniente en atención das necesidades que acredite COGAMI.

Comentarios
Lo más