miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega o Santiago Park ao recinto feiral de Amio

Chega o Santiago Park ao recinto feiral de Amio
Chega o Santiago Park ao recinto feiral de Amio

A entrada contará cun prezo único de 6 euros por persoa e día (tanto para nenos como para adultos), podendo acceder a todas as atraccións as veces que se queira

Feira Internacional de Galicia ABANCA organiza este Nadal dous parques de atraccións, o xa consolidado Silleda Park, e o novo Santiago Park.

En canto a este último, estréase no Recinto Feiral de Amio coa colaboración desta entidade compostelá, e serán catorce as xornadas nas que as súas portas estarán abertas. Estas corresponderanse cos días 15, 16, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e co 2, 3, 4, 6 e 7 de xaneiro.

En canto ás súas propostas, contará con gran diversidade de atraccións, entre as que haberá un saltamontes, camas elásticas, inchables, a xungla, vermiño, mini scalextric, touriño infantil, barredora e pista de coches. A elas engadirase unha zona de xogos para os máis pequenos que incluirá globoflexia.

A entrada contará cun prezo único de 6 euros por persoa e día (tanto para nenos como para adultos), podendo acceder a todas as atraccións as veces que se queira. O aparcadoiro será gratuíto e o horario estenderase en todas as xornadas das 16:00 horas ás 21:00 horas. Haberá servizo de restauración para que os asistentes podan merendar.

Comentarios
Lo más