miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Licitada a ampliación do saneamento no lugar de Sirves, na parroquia de Olveira

Licitada a ampliación do saneamento no lugar de Sirves, na parroquia de Olveira
Licitada a ampliación do saneamento no lugar de Sirves, na parroquia de Olveira

O Concello activa outro proxecto para ampliar a rede a catro camiños do núcleo que carecen actualmente deste servizo

O Concello de Ribeira informa de que foi licitada unha actuación dirixida á ampliación do saneamento no lugar de Sirves, en Olveira.

Logo de que a Xunta de Galicia investise este ano máis de 220.000 euros na realización de obras de saneamento no devandito lugar, agora o Concello activa outro proxecto para ampliar a rede a catro camiños do núcleo que carecen actualmente deste servizo.

CATRO CAMIÑOS

Trátase dos coñecidos como camiño de Fontenla (onde se instalará saneamento ao longo dun tramo de 512 metros), de Carballeira (201 metros), A Agra (40 metros) e Bouza (60 metros).

As obras inclúen a instalación de tubaxes PVC de 250 milímetros de diámetro e a dotación de pozos de rexistro.As empresas interesadas dispoñen ata o 20 de decembro para facer as súas ofertas. O prezo de licitación son 77.725 euros e o prazo de execución, dous meses e medio. 

Comentarios
Lo más