Compostela seguirá cos ceos anubrados
08:00 08/12/18
08:00 08/12/18
En Compostela a temperatura mínima chegará aos 9ºC e a máxima chegará aos 13ºC
O sábado continuaremos baixo a influencia das altas presións e con ventos do sudoeste.
Con esta situación, agardamos unha xornada de ceos anubrados, con néboas matinais en zonas de interior, con máis nubes cara ó litoral atlántico.
Pola noite haberá precipitación febles tipo orballo, máis probables na metade oeste de Galicia.
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima chegará aos 9ºC e a máxima chegará aos 13ºC.
Os ventos soprarán do suroeste, frouxos en xeral e con intervalos fortes no litoral norte.