Un borrasca pouco activa deixará chuvias febles durante o día de hoxe
08:00 07/12/18
08:00 07/12/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima chegará aos 12ºC
O venres unha fronte pouco activa atravesará Galicia dende o noroeste, achegando humidade do Atlántico.
Así, agárdase unha xornada de ceos anubrados, con máis nubes na franxa atlántica, e con posibilidade orballos durante a xornada.
As temperaturas quedarán sen cambios, ou en lixeiros descensos das mínimas. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima chegará aos 12ºC.
O vento soprará do suroeste, frouxo no interior e moderado na costa, con intervalos fortes durante a mañá entre Ferrol e Ortegal