A Aula da Natureza realiza este sábado, 8 de decembro, a súa terceira saída micolóxica do outono
A saída para recoller cogomelos farase no porto da Gañidoira, no concello de Muras
A Aula da Natureza de Ames organiza para este sábado, 8 de decembro, a terceira e última saída micolóxica das tres programadas para este outono. As persoas que se inscriban deberán estar ás 10:00 horas diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e as 10:15 horas na Casa da Cultura do Milladoiro.
A saída para recoller cogomelos farase no porto da Gañidoira, no concello de Muras. Con esta saída finalizan as actividades de achegamento ao mundo dos cogomelos. É necesario inscribirse antes das 14.00 horas deste venres.
Seguindo co ciclo micolóxico, organizado para este outono pola Aula da Natureza de Ames, este sábado realizarase a terceira e última saída micolóxica da tempada. Neste caso farase unha saída polo porto da Gañidoira, no concello de Muras.
As persoas que se inscriban deberán estar ás 10:00 horas diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e as 10:15 horas na Casa da Cultura do Milladoiro.