miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Área Empresarial do Tambre recoñece a traxectoria de sete empresas que cumpren 25 anos asociadas ao polígono

A Área Empresarial do Tambre recoñece a traxectoria de sete empresas que cumpren 25 anos asociadas ao polígono
A Área Empresarial do Tambre recoñece a traxectoria de sete empresas que cumpren 25 anos asociadas ao polígono

O consultor empresarial José Manuel Ortigueira ofrecerá unha charla titulada “Orientacións estratéxicas da Área Empresarial Compostela”

Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) homenaxeará este ano a sete empresas que cumpre vinte e cinco anos na asociación do polígono industrial. As compañías distinguidas son: Porto Actual, Carpintería Metálica As Pontes, Comercial Suárez, Louzán, Pibatex, Portas e Automatismos Galicia (Pauga) e DST Software.

A entidade celebrará o acto de homenaxe hoxe mércores, día 5 de decembro, no salón de actos da súa sede do Centro Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1), a partir das 20:00 horas. Fará entrega aos homenaxeados dun pergameo acreditativo e un pequeno agasallo.

O evento estará presidido polo presidente de AAET, Jesús Chenel, e contará coa asistencia de diversas autoridades autonómicas e locais e representantes de asociacións empresariais, como o director xeral do Igape, Juan Cividanes; o presidente da Comisión de Promoción Económica e Emprego da Deputación da Coruña, José Luis García; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Promoción Económica de Santiago, Marta Lois; os representantes municipais do BNG, Goretti Sanmartín e Rubén Cela; a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Rosa Cardeso; ou o comisario da Policía Nacional de Santiago Félix García; entre outros. No transcurso do acto, presentado pola xornalista Paula Pájaro, celebrarase unha charla que ofrecerá o consultor empresarial José Manuel Ortigueira Bobillo, titulada “Orientacións estratéxicas da Área Empresarial Compostela”.

Ademais, das empresas distinguidas asistirán ao evento Javier Porto, xerente de Porto Actual; Santiago Rey, de Carpintería Metálica As Pontes; o xerente de Comercial Suárez, Lino Suárez; o administrador da empresa Louzán, Jesús Louzán; o copropietario de Pibatex Enrique Pintos; o xerente de Portas e Automatismos de Galicia (Pauga), Moisés Rodríguez; e os socios directores de DST Software Manuel Nieto e Raimundo Horjales.

Comentarios
Lo más