Os problemas da fractura de En Marea
Fractuas internas, tanto no grupo no Goberno como no Parlamento, e falta de "irmandade"
A intención de voto de En Marea sufriu un considerable descenso no último ano. A verdade e que o partido político atopouse con tres problemas máis uns cantos incidentes, todo o cal non lle permitiu cumprir os obxectivos e propósitos da súa folla de ruta.
O primeiro dos problemas ten que ve coa subordinación dos diputados de En Marea no Congreso á estratexia política que Pablo Iglesias ten para Podemos. Pódes explicar de moitas formas pero é suficiente con recordar as palabras de Alexanda Fernández de Anova no útlimo plenario do partido. Lamentouse de que a formación funiconara como un "satélite" de Unidos Podemos e cunha axenda marcada por "intereses persoais de dous ou tres deputados de Podemos e EU que non consultan ao resto".
Outro dos problemas fíxose evidente no Parlamento galego onde En Marea era o partido que ía lidera a oposición da acutal lexislatura porque superara en votos ao PSOE. Pero o incidente de Paula Quintero coa Policía Local de Santiago partiu o equipo de Villares en dous. Pese a que un 85% dos inscritos esixiron a dimisión de Quintero, os alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol apoiárona. Estas dúas partes fracturadas corresponden ao que hoxe en día son as dúas faccións enfrentadas.
O terceiro problema ten que ver coa "irmandade". Agora é normal que uns e outros lancen acusacións nas redes sociais. Non se respetan as regras do xogo que eles mismos aprobaron. O de a unidade interna é algo que sempre se pregonou, pero que case ninguén pon en práctica.
Ainda así, e con todos estes problemas, En Marea semella un espazo político que ten vocación de seguir xunto.