miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A asociación ARCEA-ADAMES visita o Centro Ecuestre Le Croupe de Ames

A asociación ARCEA-ADAMES visita o Centro Ecuestre Le Croupe de Ames
A asociación ARCEA-ADAMES visita o Centro Ecuestre Le Croupe de Ames

Durante a visita, os membros da asociación puideron relacionarse e realizar diversas actividades con algúns dos cabalos do centro

Os integrantes da asociación Arcea-Adames desfrutaron ao longo da mañá de onte dunha visita ao centro ecuestre Le Croupe organizada pola Concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Durante a visita, os membros da asociación puideron relacionarse e realizar diversas actividades con algúns dos cabalos do centro. A xornada, á que acudiu a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luisa Feijóo, comezou ás 9:00 horas cun almorzo na Casa da Cultura do Milladoiro.

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Ames únese á conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebrou onte, 3 de decembro, co obxectivo de concienciar e reclamar unha maior inclusión social para as persoas con algún tipo de discapacidade.

A visita, á que acudiu tamén Luisa Feijóo, concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, comezou ás 9:00 horas cun almorzo e unha agradable conversa na Casa da Cultura do Milladoiro, á que asistiron varios membros da corporación municipal. Durante a reunión realizouse tamén un intercambio de agasallos. Ao remate do café, un autocar levou aos participantes ata a centro ecuestre, situado no lugar de Quistiláns, na parroquia de Ames.

Cristina Lamas, unha das monitoras de Arcea-Adames que participou nesta actividade, fai un balance positivo da experiencia, posto que, a pesar da chuvia e de que algúns integrantes comezaron a visita con un pouco de medo, ao final animáronse a relacionarse cos animais e, incluso practicar un pouco de equitación.

Comentarios
Lo más