miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira licita a instalación dunha liña de pluviais en Arribas, na parroquia de Artes

Ribeira licita a instalación dunha liña de pluviais en Arribas, na parroquia de Artes
Ribeira licita a instalación dunha liña de pluviais en Arribas, na parroquia de Artes

O prezo de licitación ascende a 64.554 euros e o seu prazo de execución son dous meses

O Concello de RiBeira informa de que foi licitada unha nova actuación consistente na instalación dunha liña de pluviais no lugar de Arribas, na parroquia de Artes.

Actualmente Arribas carece de sistema de recollida de augas pluviais, o que provoca que as augas superficiais ocasione danos en inmobles adxacentes. 

Para solucionar este problema resulta necesario canalizar as augas procedentes do polígono e conducilas ata o cruce existente na DP-7304. Con tal motivo, colocaranse 210 metros de colector de polipropileno de 800 metros de diámetro, con pozos de rexistro cada 35 metros.

PAVIMENTACIÓN

Ademais, o camiño aglomerarase cunha capa de mestura bituminosa en quente.

O prezo de licitación ascende a 64.554 euros e o seu prazo de execución son dous meses. As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen ata o 19 de decembro.

Comentarios
Lo más