miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames encendeu as súas luces de Nadal

Ames encendeu as súas luces de Nadal
Ames encendeu as súas luces de Nadal

Antía Roca Maceira, unha das gañadoras do concurso de cartas de Nadal 2017, foi a encargada de premer o botón de acendido das luces

O tradicional acto de acendido das luces abriu oficialmente o tempo de Nadal en Ames na tarde do pasado sábado, 1 de decembro. Desde ese momento, as luminarias engalanan os principais edificios municipais e iluminan as rúas e as prazas do Milladoiro, de Bertamiráns e das parroquias amesás. 

Antía Roca Maceira, unha das gañadoras do concurso de cartas de Nadal 2017, foi a encargada de premer o botón de acendido das luces. O acto, que se celebrou na Casa do Concello de Bertamiráns, contou coa actuación musical do grupo “As de Lens” e cunha chocolatada con churros gratuíta.

Este pasado sábado, pola tarde, celebrouse o acto de acendido do alumeado de Nadal. A partir dese momento, as principais rúas do Milladoiro, Bertamiráns e das parroquias amesás quedaron engalanadas con motivo das festas de Nadal. Deste xeito, colocáronse máis de cen arcos nas rúas, arcos de Boas Festas e ilumináronse as principais prazas dos núcleos urbanos. Tamén se colocou iluminación de Nadal nos edificios municipais e decoráronse os farois e arbores das rúas amesás.

As rúas que dispoñen de decoración son aquelas con maior actividade comercial e con maior número de comercios, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. As prazas, os farois e as fachadas dos principais edificios municipais engalanáronse tamén para as festas.

Así mesmo, as persoas que visiten os principais núcleos urbanos serán recibidas e despedidas con mensaxes de Boas Festas, que se colocaron nas entradas e saídas do termo municipal. O alumeado de Nadal manterase acendido ata o vindeiro 7 de xaneiro. 

Comentarios
Lo más