miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Reyes asegura que a tramitación das subvencións á cooperación foi "tarde, mal e a rastras"

Reyes asegura que a tramitación das subvencións á cooperación foi "tarde, mal e a rastras"
Reyes asegura que a tramitación das subvencións á cooperación foi "tarde, mal e a rastras"

O edil asegurou que "mal, porque non ten xustificación ningunha que se teña aprobado a convocatoria o 31 de agosto, a convocatoria o 28 de outubro e a avaliación onte á mañá"

O voceiro socialista, Paco Reyes, asegurou onte que a convocatoria e todo o proceso vencellado á mesma de subvencións á cooperación correspondente ao presente ano chega "tarde, mal e a rastras". O concelleiro socialista comparecía en rolda de prensa xusto despois da comisión de avaliación destas axudas, que os socialistas apoian e consideran de obrigado cumprimento dentro das políticas de axuda á cooperación e dentro do pacto contra a pobreza, mais non xestionadas como o está a facer Compostela Aberta.

Por outra banda, Reyes quixo facer unha "reflexión" sobre as recentes manifestacións do alcalde Noriega ao respecto das críticas do voceiro socialista á xestión municipal na xestión de axuda a domicilio, asegurando que lle causou sorpresa ver ao rexedor "nervioso" e "sen máis argumentos que un intento de descalificación persoal", o que "non foi moi habitual nestes anos".

Pero, sen dúbida, o que máis chamou a atención a Reyes das declaracións de Martiño Noriega é que "me criticara por facer o meu traballo". "Son concelleiro porque así o decidiron nas urnas as e os cidadáns, e son voceiro do meu grupo porque o votaron os meus compañeiros", lembrou o edil, que engadiu que "teño un mandato popular que é o de fiscalizar a accíón de goberno, o que é unha obriga presente que remata o 26 de maio". Na mesma liña, apuntou que "cando di que se eu traballo para o inglés, refírese á cidadanía de Santiago como o inglés, ou é o que en realidade pensa sobre si mesmo e só entende que se traballe en política polo único obxectivo de sacar rédito persoal?".

AXUDAS Á COOPERACIÓN

A rolda de prensa de Paco Reyes comezaba cunha crítica ao proceso de tramitación e convocatoria das subvencións á cooperación e o desenvolvemento, que para o grupo socialista veñen "tarde, mal e a rastras".

A este respecto, o edil asegurou que "mal, porque non ten xustificación ningunha que se teña aprobado a convocatoria o 31 de agosto, a convocatoria o 28 de outubro e a avaliación onte á mañá", moito máis tarde que o ano pasado, que era o primeiro e máis complicado precisamente por iso.

"Mal", dixo, porque hai diferenzas entre as bases que se remitiron aos grupos e a base nacional de subvencións, ademais de erros considerables nas propostas de resolución -incluso en actuacións para as que, por esas diferenzas, non teñen partida orzamentaria.

E "a rastras" porque, como explicou o concelleiro, ata onte a oposición non levou os deberes feitos porque o goberno non lle facilitou a avaliación das diferentes subvencións.

Ademais, o socialista amosou a súa sorpresa polo gasto de 15.000 euros na contratación dunha empresa externa para realizar estas avaliacións, o que supón algo máis do 15% do orzamento para esa convocatoria. Para Reyes, é unha mágoa que se teña gastado esta partida, que se podía ter investido noutros proxectos de cooperación, e, no caso de argumentar falla de medios, tramitalo a través do Fondo Galego de Solidariedade.

Finalmente, Paco Reyes anunciou que agardan que a finais de Nadal reciban información dos proxectos do pasado ano, preguntando sobre esta cuestión quen foi a eses países a valiar o cumprimento do proxecto.

Para os socialistas, os problemas de xestión de Compostela Aberta son evidentes mesmo en asuntos como estes, de especial sensibilidade. 

Comentarios
Lo más