miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Éxito do IV Concerto Solidario da asociación Compostela Solidaria a favor de AGADEA

Éxito do IV Concerto Solidario da asociación Compostela Solidaria a favor de AGADEA
Éxito do IV Concerto Solidario da asociación Compostela Solidaria a favor de AGADEA

O evento, presentado polos xornalistas Ramón Castro e Moncho Lemos, comezou cun pequeno video e imaxes que amosaban o traballo que día a día realiza AGADEA

O pasado venres 30 tivo lugar no Auditorio do Colexio La Salle, en Santiago de Compostela, o IV Concerto Solidario da asociación Compostela Solidaria, que este ano se realizou para recadar fondos para a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer, AGADEA.

O evento, presentado polos xornalistas Ramón Castro e Moncho Lemos, comezou cun pequeno video e imaxes que amosaban o traballo que día a día realiza AGADEA coas persoas con alzhéimer e outras demencias que acuden aos seus centros terapéuticos. 

A continuación, comezaron a actuar os diferentes grupos, que fixeron as delicias das preto de setecentas persoas que ateigaban o auditorio, e que puideron gozar das actuacións de V-Roc, Zona Vella, The Music Stars, Alta Tensão, Los Potes, Los Chelines e Bobby Sarela & Los Rueiro Rangers. 

Foron unhas horas intensas onde a música e a solidariedade invadiron o auditorio, símbolos tamén do traballo altruista de ambas asociacións.

AGADEA quere agradecer a Compostela Solidaria pola súa labor e por pensar na asociación para adicar este concerto e aos centos de persoas que apoiaron este evento solidario acudindo a gozar dunha noite de boa música que nos permitirá proseguir co traballo que facemos.

Comentarios
Lo más