Coliden tres turismos en O Grove no que resulta ferida unha persoa
13:14 03/12/18
13:14 03/12/18
O accidente produciuse sobre as 11:00 horas
No concello do Grove, unha persoa resultou ferida de carácter leve despois de colidir tres turismos que circulaban pola Rúa de Luis Antonio Mestre.
Tras recibir a chamada de alerta, sobre as 11:00 horas desta mañá, o 112 Galicia pasou aviso ao 061-Urxencias Sanitarias. Ademais, informou da situación á Policía Local e aos membros do Servizo de Emerxencias de Protección Civil da localidade.